Como os mobles destinados a Educación Infantil e Primeiro Ciclo non permitían acceder ós libros con comodidade, decidimos diseñar uns adaptados ás nosas necesidades. A chegada dos estantes coincidiu coa das bolsas de libros para o alumnado de Educación Infantil. Así que, na semana das Bibliotecas Escolares, os máis cativos se estrenaron no empréstito de libros. Mirade que contentos van!
Cada día o volume de empréstitos e devolucións crece e crece, e as mestras encargadas non eramos quen de ordenar os libros devoltos. A nosa idea era propór ó alumnado de 4º e 5º de Primaria que, por turnos, nos viñera botar unha man. Pero... non foi preciso! Presentáronsenos cinco alumnas voluntarias: Alba, Antía, Mariann, Whitney e Tamara. Aprenden con moito entusiasmo, e xa case coñecen todos os segredos da Biblioteca. Fixádevos con que seriedade se aplican na tarefa! Con estas axudantas bibliotecarias da gusto!
Por último, estamos moi, moi contentos. Hai una semana enviamos unha circular invitando ós pais a facerse socios da Biblioteca e a ler. Nunha semana, xa tiñamos catro novos socios e socias! Noraboa a estes catro pioneiros, e, os demais... a animarse!

No hay comentarios:
Publicar un comentario