GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 12 de noviembre de 2010

ACHEGÁMONOS Ó ÁLBUM ILUSTRADO


Comenzamos hoxe cunha iniciativa que pretendemos desenvolver ó longo do curso: coñecer máis polo miúdo os álbumnes ilustrados.

Para iso, temos montado na nosa biblioteca un pequeno recuncho adicado a eles. Os textos foron adaptados dos carteis dunha exposición que atopamos neste enlace.

Este mes, os libros elixidos para traballar son: Os petos de Loreto e Eduardo, o neno máis terrible do mundo.

Que é un álbum ilustrado? Quizás podas chegar a comprendelo con esta sinxela explicación.





Imos coñecer agora, un pouco máis polo miúdo, o argumento e os autores dos álbumes deste mes.

Nun álbum pode haber un autor do texto e un ilustrador. Nos libros deste mes, autor e ilustrador coinciden.



EDITORIAL: Kalandraka

















Quentin Blake é un dos máis afamados ilustradores do mundo. O seu particular estilo está unido para sempre a personaxes tan entrañables como Matilda. Coñece un poco máis sobre as súas ilustracións neste vídeo.







           TÍTULO: Eduardo, o neno máis terrible do mundo
                AUTOR: John Burningham
                EDITORIAL: Faktoría K


       








                                             

Agora, propómoste que vaias á Biblioteca e que leas ambos os dous libros. 

E logo, vota o teu favorito neste mesmo blog. 

Felices lecturas!



No hay comentarios: