GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 30 de noviembre de 2010

CONTACONTOS ECOLÓXICO


Montse, a nai de Sabela e Silvia, estivo a nos contar un conto moi ecolóxico.

O pasado mércores 24 de novembro, a Biblioteca estivo moi concurrida durante o horario das Actividades Extraescolares. E non foi para menos. Montse, que é unha experta en prantas, contounos o conto de Miguel Ángel Pacheco titulado Soy un árbol (Altea Benjamín). 

O conto foi ben interesante. Pero o que veu logo estivo superior. Con ramas de sabugueiro, os nenos fixeron chifros. E logo, houbo sorteo de acivros. 

Montse agasallou tamén ó Colexio con dous pequenos acivros. Polo intre están en mans de Nieves, a mestra de Sabela, á espera de que mellore o tempo e poidamos plantalo no xardín. Daquela xa vos informaremos.

Mentras tanto, deixámosvos con algunhas imaxes desta tarde tan estupenda.




Grazas, Montse, por esta tarde tan divertida. Xa estamos desexando que voltes!

No hay comentarios: