GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 21 de noviembre de 2010

SEGUIMOS A CONTAR CONTOS



Nesta ocasión estivo connosco Mª Jesús, a nai de Claudia.




O mércores 17 de novembro Mª Jesús estivo connosco na Biblioteca, contándonos varios contos, o último deles, Sacapenas. 

Así que, como fin de festa, decoramos o noso propio sacapenas, e levámolo para casa. Xa vedes que ben o temos pasado!

Moitas grazas, Mª Jesús, por unha tarde tan inolvidable. 

No hay comentarios: