A fin de semana de Santos, o Lar de Frianciño estivo nos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebrados en Santiago.
Uns Encontros que sempre chaman a atención: 1200 mestres e mestras reunidos no seu tempo libre para falar e escoitar falar de bibliotecas. Só por isto, acudir a esta xuntanza anual supón un "chute" de vitalidade para os que cremos no poder da Educación.
Ademais, nesta ocasión, e grazas á valoración (non sei se merecida) que do noso traballo fixeron as Asesoras de Bibliotecas Escolares, a nosa Biblioteca tivo a oportunidade de falar sobre a experiencia destes tres anos.
Tivemos a sorte de compartir mesa con Emilia, en representación do C.E.I.P. Salgado Torres de A Coruña, que nos encandilou a todos e a todas coa súa dozura e co seu entusiasmo.
Deixovos aquí os comentarios (un pouco esaxerados) que fixeron na páxina web do cole as nosas compañeiras Ana e Montse, que tamén participaron (por primeira vez) nos Encontros.
E anímosvos a que, neste enlace, coñezades de primeira man o que se falou nos Encontros a través do Blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario