GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 22 de noviembre de 2010

CONCIENCIÉMONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!



O 25 de novembro lembramos a todas aquelas mulleres que morreron asasinadas a mans dun home que, algún día, pensaron que as quería.

O 25 de novembro lembramos ás mulleres que, día a día, padecen no seu fogar o inferno da violencia machista.


Presentámosvos hoxe este magnífico documental elaborado pola prestixiosa directora Isabel Coixet. Persoa moi involucrada coa inxustiza, neste traballo que sirve para festexar os 50 anos da Televisión Española, Isabel Coixet combina dun xeito fascinante dous mundos que coñece á perfección: a publicidade e o cine.

En La mujer: cosa de hombres, Isabel Coixet lembra que esta sangría que vivimos día tras día está "respaldada" por unha sociedade retrógrada na que a muller "adorna" a vida do home, se "realiza" no seu propio fogar e vive unicamente coa finalidade de complacer ó marido. Así, vai tecendo un magnífico documental no que combiña as novas dos Telediarios, pequenas secuencias de películas, cancións que fomentan a grandeza do "macho ibérico", esceas do NODO, publicidade sexista na que o papel feminino redúcese ó de muller obxecto...

Agradecemos á nosa compañeira de PLAMBE Encarnación Fernández, do C.E.I.P. de Andrade, que nos teña dado a coñecer este magnífico documento.


No hay comentarios: