GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 5 de noviembre de 2010

CONTACONTOS DE LAURA E SARAI


Este mércores acompañáronnos nos Mércores de Conto dúas mozas moi especiais: Laura e Sarai.



Laura e Sarai son especiais por múltiples motivos: en primeiro lugar, son as nosas ex-alumnas; en segundo lugar, son as irmás, respectivamente, de Aroa e de Antía; e, por último, teñen nacido para contar contos. 

Son tan amigas que sempre van xuntas a todas partes; de feito, atopámolas así na nosa visita ó Instituto do curso pasado. E, ademais, se complementan: mentras unha conta o conto, a outra xesticula. 

Comenzaron contando un conto sobre os sentimentos que encandilou a todos. 

Estas chicas, realmente, prometen. Moitas grazas por nos acompañar!



No hay comentarios: