Esta semana na que celebramos o Día das Bibliotecas Escolares estivo chea de novidades e sorpresas.
E unha delas foi que comenzaron os Mércores de Conto, a actividade de contacontos que se desenvolve na Biblioteca todos os mércores de 4 a 5 da tarde, coordinada este curso con moito entusiasmo por Marisol, unha mamá nova no colexio.
Nesta ocasión contamos coa presencia sempre gozosa e festiva de Juan, o pai de Alicia. E dobremente gozosa, porque Juan, ademais de ser un artista contando contos ós nenos, "abandonou oficialmente o Colexio" o curso pasado, cando Alicia rematou 6º. Pero, como vedes, todavía existe un "cordón umbilical" entre el e nós que nos une e seguirá a unirnos no futuro.
Grazas, Juan, pola túa xenerosidade. Sabemos que contamos contigo para vindeiras ocasións. E animamos a todos os pais e nais a vencer os seus medos e a disfrutar desta actividade tan familiar e gratificante.
Aquí vos deixamos algunhas fotos (non todas as que quixeramos) desta sesión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario