GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 22 de noviembre de 2010

CARRAPUCHIÑA CHEGOU Ó BOSQUE DE EDUCACIÓN INFANTIL


Carrapuchiña, o Lobo, a Avoa e mais o Cazador fixeron as delicias dos máis cativos do colexio.

As mestras e o mestre de Educación Infantil perderon a vergoña e representaron a súa versión deste famoso conto infantil. 

Esta actividade intégrase dentro das programadas no noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Un bosque para ler e navegar. 

Ó rematar, todos disfrutamos coa degustación dos produtos do Outono.



No hay comentarios: