GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 22 de noviembre de 2010

PARA NON MALTRATAR COA LINGUAXE



Neste mes de novembro colgaremos novamente do noso peito os lazos lilas, reivindicando a loita contra o Maltrato de Xénero.

Pero, ás veces, o maltrato non só é físico. Existe tamén un maltrato psicolóxico e un maltrato "lingüístico".

Facendo limpeza entre os meus numerosos papeis, atopei este documento, publicado no número 6 da revista Maestra (ano 2007). Son consellos xa moi coñecidos para facer un uso non discriminatorio da nosa fala. Nunca está de máis lembralos.


EVITA O USO DO MASCULINO COMO XENÉRICO.
Se o empregas para te referir a homes e mulleres, fas invisibles a estas. Se dis: Os Dereitos do Home... onde están os das mulleres?


NON DEIXES QUE O HOME SEXA O ÚNICO SUXEITO DE REFERENCIA. NIN PRESENTES Á MULLER COMO SUBORDINADA OU INFERIOR.
Acudiron coas súas esposas, por exemplo, centra o protagonismo neles.


ALÓNXATE DO USO ASIMÉTRICO DE NOMES E TÍTULOS.
Minimizan ás mulleres, por grandes que sexan. Elude falar de homes fronte a chicas, ou de Plácido Domingo frente a A Caballé.


VIXÍA A ATRIBUCIÓN DE CALIDADES SEGUNDO O SEXO.
O costume e o uso irreflexivo da linguaxe lévanos a salientar en elas calidades estéticas, mentras neles serán intelectuais. Elas, elegantemente vestidas, e eles poderosos executivos... poden servirnos de exemplo. A evitar.


NON DESCALIFIQUES NIN INSULTES EN FEMININO.
Nenaza! Chora como unha muller! É corrente atribuírlles ás mulleres, e con valor pexorativo, actuacións propias de ambos os dous sexos: chorar, suspirar...


GASTA FEMININO SEMPRE QUE POIDAS.
O usuario, a usuaria; o xefe, a xefa. Cando non sexa posible, emprega os dous xéneros gramaticais. Nestes casos, suxerimos concordalos co último artigo ou sustantivo: Os e as novas traballadoras...


ENCHE A TÚA LINGUAXE DE XENÉRICOS E ABSTRACTOS.
Busca universais que non exclúan: persoa, xente, poboación, infancia, nenez, profesorado, dirección, xefatura... En vez de que os nenos deben durmir 10 horas (que é excluínte) fai que quen durma sexa a infancia.


ADIANTE COAS BARRAS E STOP Á @.
As barras poden solucionarche a papeleta en documentos administrativos, pero a @ non serve para ren. Non soluciona o problema a nivel oral. Como a pronuncias?


A PROBA DA INVERSIÓN.
Para descubrir se unha frase é sexista, cambia o xénero da palabra dubidosa. Se o resultado non funciona... ollo! Estás ante un caso claro de linguaxe discriminatoria.


PENSA EN ROSA.
Ou, alomenos, pensa. Pensa en ter máis coidado cos clichés que todos e todas temos e en como se contaxian. Xoga do outro lado. Dalle a volta ós contos, historias, anécdotas... e mira que pasa ó cambiar homes por mulleres.

No hay comentarios: