1. SABÍAS QUE...?
Durante o ano 2015 vivíuse en Europa a maior crise humanitaria dende a fin da Segunda Guerra Mundial. Unha enorme masa de refuxiados, particularmente sirios, comezou a chegar a Europa a través de Grecia, Italia e Hungría. Ante a incapacidade destes estados de xestionar este problema migratorio, a Unión Europea decidíu facer un reparto de 120.000 refuxiados entre os países membros para aliviar a situación nos países de chegada.
2. OBSERVA E BOTA CONTAS
O gráfico que ves na cabeceira deste post foi creado por Carlos Gámez e publicado no diario 20 minutos o día 9 de setembro de 2015. Se premes nel obterás unha información interactiva moito mais detallada. Fíxate ben e contesta:
- Cantos países da Unión Europea entrarán no reparto de refuxiados?
- Que cantidade de refuxiados recibirá cada un deles?
- Ordea estes países segundo reciban un maior ou menor número de refuxiados.
- Que número total de refuxiados entrou en Europa a través de Italia?
- E de Grecia?
- E de Hungría?
3. USA A CABEZA E PENSA
Investiga na internet cantos e cales son os países que, na actualidade, configuran a Unión Europea.
- Cales destes países non están incluídos no reparto de refuxiados?
- Por que cres que non están incluídos?
4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS
A Unión Europea é unha entidade xeopolítica cun gran potencial económico e humano, que outorga unha gran relevancia á solidariedade e á democracia. Tendo en conta isto e o que tes descuberto, comparte connosco os teus pensamentos. Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz.
Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria.

2 comentarios:
Os refuxados son persoas iguais ca nós, polo que nn temos que maltratalos nin pegarlles. Os refuxados teñen que repartirse por todos os países do mundo para darlles comida, auga, roupa, diñeiro, traballo e un lugar para vivir, para coidar dos seus fillos e fillas.
3º A dixo;
O Planeta Terra é moi grande, e todo o mundo ten dereito a ocupar un lugar onde non haxa fame nin guerra. Debemos tender esa man porque ninguén está libre de que lle pase. E se facemos ben tamén recibiremos ben.
Publicar un comentario