GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 7 de enero de 2016

REFUXIADOS + MIGRANTES



Todos sirios?

1. SABÍAS QUE...?

Durante o pasado ano 2015 vivíuse no mundo a meirande crise de refuxiados dende a Segunda Guerra Mundial. Moitos deles, fuxindo da guerra, chegaron ata Europa. O colectivo máis grande foi o de persoas procedentes de Siria. Pero... sabías que existen persoas refuxiadas de moitas outras nacionalidades?

2. OBSERVA E BOTA CONTAS

O gráfico que ves na cabeceira deste post foi publicado polo diario El País o día 24 de setembro de 2015. Fíxate ben e contesta:
      • entre que meses do ano 2015 están recollidos estes datos?;
      • a través de que mar chegaron a Europa estes migrantes?
      • a meirande parte dos refuxiados son de seis nacionalidades distintas. Ordea os países dende o que aporta máis refuxiados ata o que aporta menos;
      • como puideches contestar á pregunta anterior? que pistas atopaches no gráfico?
      • todos estes refuxiados queren chegar a Europa, pero non son europeos; de que continentes proceden?
      • de cada 100 persoas que chegan a Europa, 83 son dalgún destes países; cantas son doutros países distintos?
3. USA A CABEZA E PENSA

Por que cres que os habitantes intentan fuxir destes países?
Investiga na internet. Para iso, pregunta a Siri, o asistente do teu ipad, e poderás elixir entre as respostas que che ofreza.

4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS

Que tal se nos contas todo o que tes descuberto? Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz

Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria. 



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Comentario 2º A
Os refuxiados fuxen dos seus paises porque non teñen casa, non queren a guerra, fuxen das bombas, teñen medo a morrer. Queren vivir, comer, ter unha casa para ser felices e non queren que morran máis familias. Xa tiveron catro anos de guerra. Os alumn@s de 2º A queremos a Paz e non a guerra.

Anónimo dijo...

Para que non haxa máis xente que teña que abandoar os seus países por guerras, medo, fame...que florezan bicos en vez de armas, apertas en vez de loitas ou sorrisos en vez de llantos.
Por iso,os alumn@s de 2ºB queremos unir as nosas voces e gritar:
POR UN MUNDO EN PAZ E SEN VIOLENCIA!!!!