1. SABÍAS QUE...?
Durante o pasado ano 2015 vivíuse no mundo a meirande crise de refuxiados dende a Segunda Guerra Mundial. Miles de sirios, fuxindo da guerra, deberon abandoar os seus fogares. Un número moi considerable deles chegou ata Europa a través de Grecia, Italia e Hungría. Sen embargo, un número maior está ubicado na actualidade en campos de refuxiados doutros países asiáticos e africáns. E unha cifra todavía máis elevada permanece no seu país, aínda que se teñan visto obrigados a desprazar.
2. OBSERVA E BOTA CONTAS
O gráfico que ves na cabeceira deste post foi publicado polo diario El País o día 24 de setembro de 2015. Fíxate ben e contesta:
- Cal foi o número total de sirios desprazados (reubicados no seu propio país) ata o 17 de setembro de 2015?
- Cantos países acolleron refuxiados sirios? Que número acolleu cada un deles?
- Ordea os países de acollida de refuxiados dende o que acolleu ó maior ata ó que acolleu ó menor número.
- Cal foi o número total de sirios refuxiados en diversos países do mundo?
- Cal foi o número total de sirios refuxiados ou desprazados?
- A Unión Europea decidíu acoller durante o ano 2015 a 160.000 refuxiados sirios. O resto de países acolledores, cantas veces incrementou esta cantidade?
3. USA A CABEZA E PENSA
Como tes observado, a Unión Europea e cinco países máis teñen acollido a un grande número de refuxiados sirios durante o pasado ano. Sen embargo, queremos darche algúns argumentos máis para pensar. Así que:
- Investiga na internet a extensión (kilómetros cadrados) e o número de habitantes da Unión Europea e destes países.
- Logo, inclúe estes datos (e máis os do número de refuxiados) nun cadro de dobre entrada coma este.
- Extrae as túas propias deducións.
4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS
A Unión Europea é unha entidade xeopolítica cun gran potencial económico e humano, que otorga unha gran relevancia á solidariedade e á democracia. Tendo en conta isto e o que tes descuberto, comparte connosco os teus pensamentos. Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz.
Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria.

2 comentarios:
Reflexión de 4ºB:
No es justo que los refugiados no tengan un hogar, ni tampoco comida saludable. La gente porque no sea rica, debe de tener derecho a tener una casa digna. Yo creo que no es justo que haya guerra, y que tampoco no dejen entrar aquí a los refugiados o gente que lo necesite. Creemos que sería justo que dejaran entrar a la gente que lo necesite.
La Unión Europea debe de acoger a más sirios porque son un conjunto de países, es decir, tiene una mayor expansión.
Reflexión de 4ºA:
No es justo que solo acogan a algunos porque no vamos a permitir que la gente se quede en un sitio en guerra con niños y niñas. Por lo tanto, la guerra es muy mala. En nuestra opinión, no es justo que Europa acoga a 160.000 refugiados porque tienen derecho a una vida sin conflictos.
Publicar un comentario