1. SABÍAS QUE...?
Durante o pasado ano 2015 vivíuse no mundo a meirande crise de refuxiados dende a Segunda Guerra Mundial. Miles de sirios, fuxindo da guerra, deberon abandoar os seus fogares. Un número moi considerable deles chegou ata Europa a través de Grecia, Italia e Hungría. Dende estes países de chegada, os refuxiados sirios teñen pedido asilo en diferentes países da Unión Europea.
2. OBSERVA E BOTA CONTAS
O gráfico que ves na cabeceira deste post foi publicado polo diario El País o día 24 de setembro de 2015. Representa as solicitudes de asilo recibidas polos diversos países da Unión Europea ata o mes de xuño de 2015. Fíxate ben e contesta:
- A columna da esquerda presenta a lista de países ordeados dende o que máis solicitudes de asilo ten ata o que menos. Pero... que ocurre na columna da dereita? A que cres que se debe este feito?
- Cos datos proporcionados por estas gráficas, calcula o número de habitantes de cada un dos países.
- Investiga na internet a extensión (kilómetros cadrados) de cada un destes países da Unión Europea.
- Calcula a densidade de poboación de cada un deles.
- Con estes datos e os obtidos no punto anterior, completa este cadro de dobre entrada.
- Extrae as túas propias deducións.
4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS
A Unión Europea é unha entidade xeopolítica cun gran potencial económico e humano, que outorga unha gran relevancia á solidariedade e á democracia. Tendo en conta isto e o que tes descuberto, comparte connosco os teus pensamentos. Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz.
Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria.

2 comentarios:
MANIFIESTO PARA O DÍA DA PAZ 6ºB
Ninguén debería pasar por isto, fame, dor, sufrimento...
A quen lle gustaría vivilo, perder amigos, irmáns, pais..., o teu fogar. As persoas que fuxen da guera, pásano moi mal, case a metade, morren polo camiño; necesitan axuda, necesítanos...
Parar a guerra, total todos perden, nunca houbo nin haberá gañadores nunha guerra.
Todos necesitamos un sitio onde vivir.
O peor, os nenos que medran traumatizados polas bombas, o sangue... Medrar sen pais é moi triste, e estas cousas quedan marcadas para o resto das súas vidas, que alí en Siria non será moita. Temos que axudarlles, porque se nos pasara a nós, tamén querríamos que nos axudaran.
NON MÁIS MORTES
POR FAVOR!!!
MANIFIESTO PARA O DÍA DA PAZ- 6ºA
A guerra é un conflito bélico polo que ningún ser vivo debería pasar. É unha experiencia traumática que marca as persoas que a sufren.
Nós, nenos e nenas de 6ºA, pedimos que remate a guerra de Siria, xa que nos entristece moito ver, nos vídeos e nas novas, como un país estase destruíndo, sen que ninguén faga nada para que iso non ocorra.
Desexamos que @s refuxiad@s estean alomenos ben atendid@s e que non lles falte de nada, para así poder superar canto antes os seus traumas.
TOD@S CONTRA A GUERRA !!!
6ºA
Publicar un comentario