GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 7 de enero de 2016

ENORME INCREMENTO...


... de fuxidas e peticións de asilo.

1. SABÍAS QUE...?

Durante o pasado ano 2015 vivíuse no mundo a meirande crise de refuxiados dende a Segunda Guerra Mundial. Moitos sirios, fuxindo da guerra, chegaron ata Europa e pediron asilo. Se o número de refuxiados é enorme, moito máis elevado resulta o número de sirios fuxidos do seu país.


2. OBSERVA E BOTA CONTAS

O gráfico que ves na cabeceira deste post (e o que traballaremos a continuación) foi publicado polo diario El País o día 24 de setembro de 2015. Fíxate ben e contesta:
      • Dende que estalou a guerra en Siria no ano 2011, que cantidade de sirios teñen fuxido do seu país?
      • Bota contas: cantos deles son homes e cantos mulleres?
      • Durante o transcurso da guerra houbo dous anos de grande incremento de fuxidos. Saberías indicar cales?
      • Ordea eses anos dende o menor número ata o maior número de fuxidos. Fundamenta as túas respostas.


      • A gráfica anterior presenta as peticións de asilo solicitadas na Unión Europea dende xaneiro ata agosto de 2015. Cal foi o número total de solicitudes durante este período?
      • Cal sería a media mensual de solicitudes?

3. USA A CABEZA E PENSA

A Unión Europea é unha entidade xeopolítica cun gran potencial económico e humano, que outorga unha gran relevancia á solidariedade e á democracia. Tendo en conta isto, pensa sobre as seguintes cuestións 
      • Se te fixas no gráfico 1, durante o primeiro trimestre de 2015 case un millón de sirios fuxiron do seu país. Que número de refuxiados solicitaron asilo durante este período en Europa?
      • Que porcentaxe dos sirios fuxidos no primeiro trimestre pediron asilo na Unión Europea?

4. COMPARTE CONNOSCO OS TEUS PENSAMENTOS

Cal é a túa opinión agora que tes descuberto tantas cousas? Comparte connosco os teus pensamentos. Precisamos a túa axuda para elaborar o Manifesto para o Día da Paz.

Preme nos comentarios deste post e escribe o que a túa aula ten descuberto e pensado acerca desta catástrofe humanitaria. 



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Siria, país bañado polo Mediterráneo, está a sufrir desde o 2011 unha Guerra Civil terrible. Por mor da mesma, aproximadamente 4.000.000 de sirios fuxiron do seu país, a Europa, buscando a vida, escapando da morte. Entre todos eses refuxiados, os datos, dinnos que hai, case o mesmo número de mulleres que de homes; eso é así, porque fuxen familias enteiras(pais, nais, avós, avoas, nenos, nenas...). Cada ano escapan do seu país, deixando atrás a guerra, moreas de sirios;no 2 011, 2012 e 2013 saían do país unha media de 500.000; no 2014 un 1.000.000 e no 2015 a terrible cifra de 2.000.000, ata facer un total de, aproximadamente, 4.000.000 de refuxiados Sirios en Europa.

Destes 2.000.000 de refuxidos no 2015, pediron asilo en distintos países, aproximadamente 560.000, sendo no mes de agosto deste ano o maior número de peticións alcanzadas, 100.000, posiblemente pensando que as condicións meteorolóxicas de Europa, nos mes de agosto, son as mellores para poder alcanzar os países soñados.

Se pensamos que eses números correspóndense con familias enteiras camiñando por Europa, con todas as súas cousas ás costas, temos que buscar unha solución urxentísima entre todos e todas. Debemos esixir que deixen as armas e que se senten a dialogar, porque está morrendo en Siria e polos seus camiños de fuxida moitísimas persoas inocentes...familias enteiras.

CONCLUSIÓNS 5ºA

Anónimo dijo...

A nosa reflexión é que nos parece moi inxusta a situación de que as persoas teñan que abandonar o seu pais dun xeito involuntario. Impactounos tristemente o video sobre a guerra de Siria. Unha vez estudiadas as estadísticas observamos que no último ano aumentou dun xeito alarmante o número de refuxiados que piden axuda a outros paises europeos. Tamén apreciamos que é o mesmo número de homes e de mulleres, e isto fainos reflexionar sobre a idea de que son familias enteiras as que fuxen de Siria.
Ver nenos e nenas da mesma idade que nós, camiñando nesas condicións en busca de comida e sen escola chegounos o fondo dos nosos corazóns e deste xeito pensamos que debe existir un maior compromiso dos políticos e mandatarios.
Tamén dicir que valoramos a axuda voluntaria das ONGs que fan unha laboura importante. 5ºB