GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 16 de enero de 2013

PREPARANDO O DÍA DA PAZ


Con sabor a lingua e a pan.

Durante este Nadal, sorprendeunos a nova da destrución do patrimonio que está a ter lugar en Mali. Alí, na histórica cidade de Tombuctú, hai medio ano que grupos islamistas e radicais están atentando contra o patrimonio cultural desta cidade. Os expertos estiman que están en perigo dezaseis mausoleos e miles de escritos preislámicos que non só falan do Islam, senon tamén de astronomía, música, anatomía e botánica, e que, polo tanto, son tesouros da sabedoría.

Así pois, tras o golpe de estado do 22 de marzo de 2012, Mali debilítase e perde os seus sinais de identidade.

A comunidade internacional tense pronunciado sobre estes actos. Entre eles destacamos:
  • o Ministerio de Asuntos Exteriores español calificounos como crímenes contra o patrimonio cultural de Mali. Ademais, afirma que "atentan de xeito irreversible contra a historia e a memoria dun pobo"; 
  • o Goberno dos Estados Unidos condenou rotundamente a destrución do patrimonio da Humanidade; 
  • a Unesco incluíu a Mali e a algunhas das súas xoias arquitectónicas no listado de Patrimonio da Humanidade en Perigo.
Neste enlace da Unesco podemos coñecer algo da cidade de Tombuctú

Atentar contra o Patrimonio da Humanidade é atentar contra as persoas. É unha actitude violenta que vai en contra dos Dereitos dos Nenos, e, polo tanto, dos Homes: todos temos dereito a coñecer a nosa cultura e a participar activamente nela. 



E... que pasa cando eses atentados se cometen contra a lingua, calquera que esta sexa...? Non é a lingua un Patrimonio Inmaterial da Humanidade...?

O noso Proxecto Documental Integrado deste curso (A Lingua sabe a Pan) estanos a sensibilizar moito sobre este tema, e sobre a responsabilidade que temos na defensa do que é noso e nos identifica como pobo. Por iso, a nosa Canción para o Día da Paz é un canto á nosa lingua. Está inspirada naquela canción que xurdiu entre os cantantes hispanos como resposta ó famoso We are the world: Cantaré, cantarás. Esperamos que vos guste e que a cantedes connosco.




Para vos axudar, deixámosvos aquí a letra. 

Feliz (e falador) Día da Paz. 



2 comentarios: