O frío e a neve chegaron con toda a súa intensidade.
E a conta diso, na casa, esta noite, xurdiu un sinónimo de nevar. Non existe no dicionario, pero, sen dúbida, é un localismo. Cando miña nai era cativa, dicíase está follacando.
Coñecedes vós outros sinónimos...? No dicionario da Real Academia Galega (RAG) aparecen estoutros: falopar, farrapear, felepar, folerpar, mantelear.

No hay comentarios:
Publicar un comentario