GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 27 de enero de 2013

UNHA FIN DE SEMANA CON FINA NOS BLOGUES DO PLAMBE



Co gallo do seu nomeamento como catedrática da Real Academia Galega.

Como vos comentabamos nun post anterior, a instancias da Asesoría de Bibliotecas Escolares, nos blogues das bibliotecas que conforman o PLAMBE figurou esta fin de semana a nova do nomeamento de Fina Casalderrey como catedrática da RAG.

Grazas ó esforzo e á paciencia de Isa Vázquez (a coordinadora do Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. Quintela - Moaña) temos todas as novas recollidas neste álbum de Picassa.



Por outra banda, en días pasados escribimos un e-mail a Fina Casalderrey dándolle os parabéns en nome dos nosos alumnos. E temos recibido unha rápida resposta: 


Moitas grazas por esas palabras de agarimo, Mónica.
Apertas coma pontes romanas para todas, para todos vós.

Fina

Pois moitas grazas a Fina e a Isa por nos facer a vida máis doada e máis fermosa. 

No hay comentarios: