Resultou unha festa alegre, vistosa e entrañable, na que as pombas da Paz sobrevoaron as nosas cabezas en forma de globo de cor branco.
Despois de lembrar o motivo que nos reunía no patio coas nosas familias, varios alumnos e alumnas do Segundo Ciclo recitaron poemas alegóricos (mesmo un rap inventado por eles). Mentras os rapaces de 6º de Primaria preparaban a súa intervención (cantando What wonderful word) aproveitamos para lanzar vivas a favor da paz.
Rematamos este sinxelo acto cantando a nosa canción para o Día da Paz: Cantarei, cantarás.
A continuación tendes a reportaxe fotográfica elaborada pola profe Luz.
E aquí, "a pé de pista", as impresións da reporteira Montse.
Botádelle tamén unha ollada á marabillosa decoración na que participou todo o alumnado e o proferado.
Grazas a todos e a todas por participar con tanto entusiasmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario