GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 8 de enero de 2013

NACE GALAXIA TALES




Unha páxina de contos interactivos para leres dende calquera dispositivo.

Están dispoñibles en inglés, galego e castelán, e poden mercarse nesta mesma páxina. E, antes de facelo, podemos disfrutar dun 20% do seu contido na propia web.

As primeiras lecturas son: Unha sorpresa para Goruk, de Javier Landesa, e Así comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán, de Joel Franz Rosell. Cunhas preciosas ilustracións, respectivamente, de María Longa e Luis Castro Enjamio, e a voz da polifacética Teresa Santamaría.

Premede nos títulos e disfrutade do comezo destas fantásticas historias.

No hay comentarios: