GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 24 de enero de 2013

NACEN DOUS NOVOS CLUBES DE LECTURA


Nas aulas de 5º curso de Primaria.

O pasado martes día 22 reunímonos na Biblioteca cos alumnos e alumnas que, voluntariamente, decidiron participar nesta actividade. En total, vinte rapaces e rapazas que, entre doces lambetadas, decidiron pór nome ós seus clubes de lectura:
      • Os libros molan
      • Os lectores de Frian
Agora xa están entusiasmados, lendo con fervor os seus respectivos libros: Os megatoxos e  aprendiz de druída e Tanis I o Mocos

A próxima cita: o 28 de febreiro (Os lectores do Frian) e o 7 de marzo (Os libros molan).

Boas e fructíferas lecturas!

No hay comentarios: