GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 28 de enero de 2013

EN DEFENSA DO LIBRO E DA LECTURA




Das miñas clases de Literatura de COU lembro tres cousas. 

O "ladrillo" do libro de texto de Anaya, onde estaban condensados todos os grandes nomes da literatura universal contemporánea, todos os que eran alguén por ter influído noutros alguén. Tan exhaustivo, que todo quedaba na teoría, e apenas nos daba tempo a disfrutar da lectura de tres novelas.

A lectura de Tiempo de silencio, todo un descubrimento. Un libro duro pero que disfrutei lendo e relendo (xa sei que moita xente, precisamente, rompeu a súa promesa de rematar todo libro que comezara lendo este título).

Por último, unha frase do meu profesor: Lede, lede moito: ler faravos libres. 

Recentemente, a través da rolda de correo do PLAMBE recibimos unha invitación da coordinadora da Biblioteca Escolar Víctor Sáenz convidándonos a ler o artigo de Juan Cruz publicado en El País e que leva por título Conspiración contra el libro. Cando leo ó final do mesmo esta afirmación que resume o sentir da xente (ler, ó fin e ó cabo, non é tan sustancial para vivir... e ademais é caro) non podo deixar de lembrar aquela frase do meu vello profesor. Que se pode esperar dunha sociedade na que sobran a desesperanza e o pesimismo e faltan as preguntas...?

Convídovos a consultar este artigo, a ler, e a seguir sendo libres. 




No hay comentarios: