Mati e Tato son os tíos italianos de Noa (1º de Primaria) e Aroa (Infantil 4 anos). Tato naceu no Sur de Italia, e Mati en España. Pero ambos os dous viven agora na cidade italiana de Parma. Despois de pasar o Nadal en España coa súa familia, visitaron a nosa Biblioteca antes de voltar ó país da Bota. E que mellor que contándonos a historia de Befana, esa bruxa italiana que leva os agasallos ós nenos italianos o día 6 de xaneiro, en lugar dos Reis Magos?
Despois do conto, estivemos "parlando italiano", xa que nos aprenderon os números, as cores e os nomes dos membros da familia.
E tras "parlare", "facere". Todos os participantes estivemos a pintar os números cos seus nomes en italiano.
Moitas grazas a Noa, a Aroa (e ós seus pais, por teres a magnífica idea de nos traer esta sorpresa), e, por suposto, a Mati e a Tato.

2 comentarios:
Moitas grazas a vos! Gustounos moito pasa-la tarde convosco e prometemos voltar con máis contos e máis novedades da "Bota" Ata a proxima!
Uhm...! Estamos desexándoo! Italia é un dos nosos países favoritos!
Publicar un comentario