GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 30 de abril de 2011

UN FANTÁSTICO DÍA DO LIBRO

                   

O Día do Libro (que celebramos o 29 de abril) resultou ser un dos intres máis entrañables do curso. 

Porque foi preparado por todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas con moitísimo entusiasmo e interese. 

En primeiro lugar, cada aula investigou entre a bibliografía da nosa Biblioteca (ou a través doutros recursos persoais) sobre poemas relacionados co tema do noso Proxecto Documental Integrado (Un bosque para ler e navegar). Como froito desa procura, cada grupo elixiu dous poemas (un en galego e outro en castelán) que, posteriormente, decoraron. 

O resultado, o noso libro cooperativo deste curso, coordinado magníficamente no aspecto estético pola profe Luz.



Logo dunhas semanas de nerviosismo e preparación, por fin, chegou o momento tan esperado por todos: os apadriñamentos lectores

Xa antes das vacacións de Semana Santa, a nosa Xefa de Estudios (Elisa) elaborou os listados que relacionaban a padriños e afillados, encomendándolles ós primeiros que elixiran un conto para lles ler ós segundos. 

Algúns buscaron entre os volumes das súas respectivas bibliotecas persoais. Outros, pasaron pola Biblioteca Escolar intentando atopar o libro axeitado á idade do seu afillado. Houbo quen "exprimiu a súa cabeza" e chegou cunha marioneta para acompañar a súa lectura. E quen decidiu que tiña que coñecer antes ó seu afillado e realizou visitas ás aulas de Educación Infantil durante a semana. 

En resume: observouse unha espectación e un interese inusitados pola actividade. E daba gusto ver o agarimo que transmitían todos (incluso os máis duros "futboleiros") polos cativiños. Xulgade por vós mesmos con estas imaxes tomadas en "plena faena". 



Pola miña banda, estou a desexar que podamos repitir esta actividade. 

Pero, como "de ben nacidos é ser agradecidos", queremos dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras do PLAMBE que nos proporcionaron esta idea. Creo que son moitos, e non os lembro a todos. Supoño que non se ofenderán se os resumo nunha persoa que si "teño na mente": Julia González, do C.E.I.P. Mestres Goldar. Grazas a Julia e a todos os demais. 

E como vedes que calqueira lugar é bo para ler (baixo unha árbore, sentados diante dunha mesa, nunha escada, no interior dunha casiña de xoguete...) deixámosvos con este poema co que, este curso, Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia polo Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor: 

O LUGAR DA LECTURA

Unha illa de luz na xema dos dedos. 
Unha porta sempre entreaberta. 
Unha duna cara ao vento. 
Unha nube sobre a herba. 
Unha casa encantada. 
Unha laranxa do paraíso. 
Unha pousada no inferno. 
Unha man e unha fouce. 
Unha carapucha vermella. 
Unha bufanda colorada. 
Unha alfombra no ceo. 
A pulga e o xigante. 
A rosa e o cravo. 
A serpe e a mazá. 
A fonte e o cervo. 
A flor da candea. 
A fenda do espello. 
A lúa na boca. 
A tona do tempo. 
A pedra e o canto. 
A voz e o silencio. 
O lugar da lectura. 



7 comentarios:

Anónimo dijo...

Foi unha experiencia fantástica.Deberíamos repetila en canto poidamos.
Unha nena de 5ºB,ademais de escoller o conto adecuado a idade do neno, quiso agasallar ao seu apadrinado cun marcapáxinas que poñía o seu nome( moi ben decorado, por certo.)
Tamén gustaríame dicir que cando voltaron a clase despois da actividade, todos viñan contentos e falando do ben que o pasaran.

docente dijo...

Foi unha experiencia moi boa. Os nenos e nenas levaron todo a semana preocupados por saber si o libro seleccionado era o axeitado. Os nenos e nenas de 4º viviron esta experiencia intensamente. Sei de algún que non rematou de ler o seu libro e deixouno en préstamo ata o luns...
Ana titora de 4º

Anónimo dijo...

Tamén gustaríame contarvos unha anécdota, que pareceume moi chula. O neno maior, despois de acabar de contarlle o conto ao pequeno de 3 anos, levóuno da man ata a súa clase; de seguido, o pequeno colleu un folio e como mostra de agradecemento, fíxolle un debuxo.Luz.

Julia dijo...

Noraboa por tan magnífico traballo. Precioso libro de poemas.
Emociónanme as imaxes do apadriñamento lector. Penso que é unha actividade moi gratificante para todos: padriños, afillados e para nós, os mestres que temos a sorte de presenciar tan fermoso espectáculo.
Apertas,
Julia
PD: Moitas grazas pola mención

Anónimo dijo...

Que ben o pasamos!!!
Penso que todos disfrutamos desta experiencia, creo que foi un dos mellores momentos deste curso.
GRAZAS

Anónimo dijo...

Sen necesidade de documentos tan "sesudos" como plans ou leis, esta resultou unha magnífica xornada de convivencia. Cando deixamos que os rapaces asuman unha responsabilidade, adoitan respostar, e moi ben. Daba igual que o azar reunira a maiores e a pequenos, a nenos ou a nenas, a bos ou a malos estudiantes, a nacionais ou a estranxeiros... Cadaquén asumiu o seu rol con entusiasmo. E con tanta seriedade que resultou ser a primeira vez que vexo como case trescentos alumnos e alumnas se desplazan polas escaleiras en silencio e sen empuxóns... E sen estar ningún mestre insistindo en que calen porque molestan ós demais!
Estas ocasións son eses agasallos que, de cando en vez, nos proporciona a nosa profesión e que nos reafirman en que "algo estamos a facer ben" e que os nosos rapaces "saben estar" e son un exemplo de boa convivencia.
Mónica

xiomara dijo...

A min pareceme moi ben este traballo que fixemos,eu Xiomara paseino moi ben. Pequenos e maiores pasamos un borato lendo