GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 2 de abril de 2011

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO


Hoxe, día 2 de abril de 2011, celebramos o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo.

Por iso quérovos mostrar este vídeo que, hai un par de semanas, me deu a coñecer a miña compañeira Ana Fernández. Unha historia conmovedora que, teño que recoñecer, fíxome chorar. Convídovos a disfrutar dela.




Hoxe, Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo, só quero dar as grazas a todos os nenos e nenas que son coma Carly. E a todos os pais e nais que, como os de Carly, facedes o indecible porque os vosos fillos sexan felices e aceptados tal e como son. Porque, co voso testimonio, axudádesnos a todos a ser mellores e a vivir a nosa profesión con maior creatividade. Porque, ó integrar ós vosos fillos, tamén aprendedes ós seus compañeiros e compañeiras a ser tolerantes e mellores persoas. 

Por ser como sodes, grazas, Yolanda e Carlos. 



No hay comentarios: