GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 4 de abril de 2011

NOVA ANDAINA ORGANIZADA POLA A.N.P.A.

O vindeiro sábado 9 de abril, se o tempo o permite, teremos unha nova andaina.

Como lembraredes, a A.N.P.A., sempre atenta ós nosos proxectos, está a ofertar este curso saídas a diversos entornos naturais, enlazando co noso tema deste curso: os bosques.

A proposta, nesta ocasión, será coñecer a Ruta dos Muíños do Río da Fraga, entre Meira e Moaña. A saída será en coches particulares dende o Colexio.

Se queredes, logo poderemos compartir o xantar no Lago Castiñeiras.

Así que... ide preparando o calzado e a mochila. Esperámosvos!

No hay comentarios: