GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 4 de abril de 2011

Nova edición de LECTURA EN FAMILIA

Como todos os anos, o Departamento de Orientación e os Equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca están a organizar unha xuntanza familiar en torno á lectura dun libro.

Nesta ocasión, o libro proposto é Isha, nacida do corazón, escrito por Fina Casalderrey, que trata sobre o tema da adopción.

Existen exemplares desta obra á vosa disposición nos locais da A.N.P.A. E apuntade, xa, na vosa axenda, a data: 10 de maio.

Esperámosvos!

No hay comentarios: