GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 17 de abril de 2011

UN BOSQUE NAS NOSAS PORTAS

Nas últimas semanas temos asistido a fenómenos máxicos no Colexio. 

O xardín do noso cole foise, pouco a pouco, poboando de flores e follas. 

Primeiro, a ameixeira apareceu como nevada, tan cargadiña estaba de flores; logo, no magnolio saíron unhas preciosas flores rosas, ó tempo que nos salgueiros choróns aparecían pequenas bagoas verdes; agora, as follas das cerdeiras cubren xa as pequenas flores brancas das súas ramas. 

Chegou a primavera ó patio do Colexio!




E, mentras tanto, as portas das aulas e os corridores fóronse engaiolando de árbores fantásticas, boticas de menciñeiros e personaxes fantásticos que habitan os bosques. Todo para nos recordar o noso Proxecto Documental Integrado deste curso: Un bosque para ler e navegar. 






No hay comentarios: