| Page URL: | |
| Image URL: |
O noso obxectivo: aprender "a palabra", aprender a falar, a pensar, a escribir, a ler, a crear con todos os medios disponibles e con economía de medios á vez.
Na páxina web de Proyecto Grimm atopei este artigo. Se algún de vós a coñecedes, saberedes que, tras dela, hai un dinámico grupo de docentes que levan anos innovando coas TICs e coa tecnoloxía MacIntosh. Polo tanto, en absoluto sospeitosos de estar en contra das novas tecnoloxías.
Hoxe en día resulta fundamental coñecer e empregar estas ferramentas. Pero, sempre, a partir dunha permanente postura crítica. Como moi ben indica o autor do artigo, o fundamental é o dominio da palabra, o desenvolvemento da capacidade crítica, o fomento da creatividade e aprender a pensar. Uhm...! De que me soa...?
Sobran as palabras! A palabra tena Ramón Hto. Lede, pensade, falade sobre o asunto, escribide... pero, sempre, pensade, e non "vos deixedes pensar por outros".

1 comentario:
Totalmente dacordo coa opinión que se expresa no enlace que aportas. Verdad verdadera.
Publicar un comentario