GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 22 de abril de 2011

MANUEL LOURENZO GAÑA O PREMIO "BARCO DE VAPOR"

O escritor Manuel Lourenzo ven de gañar o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil e Xuvenil.

Convocado pola Fundación S.M., este premio pretende estimular a creación literaria en lingua galega, ademais de premiar obras que fomenten valores humáns, sociais, culturais e relixiosos.

A novela presentada titúlase Mundo ARB, e trata sobre a defensa da Natureza e o deber de conservala. Como nos indica o propio autor nesta entrevista publicada por Faro de Vigo, Mundo ARB é unha novela de viaxes na que os protagonistas son unha comunidade humana que vive nas árbores.

Unha novela moi axeitada para celebrar este Ano Internacional dos Bosques, e moi vencellada ó noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un bosque para ler e navegar). Eu, pola miña banda, xa estou desexando lela.

No hay comentarios: