GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 30 de abril de 2011

MARÍA VOLTOU Á BIBLIOTECA PARA NOS CONTAR CONTOS


María, a colaboradora máis coñecida e querida do Colexio, voltou á nosa Biblioteca para nos contar un conto. 

Como vedes, o público foi numeroso, a pesar do noso despiste á hora de convocalo. É que... María sempre é un "valor seguro" á hora de contar contos!



María contounos nesta ocasión tres contos: Agora non. Fernando; A miña primeira máquina de fotos e Cómo enseñar a los padres a leer libros de cuentos. E, ademais, como é toda unha profesional, veu pertrechada dun montón de cousas: un monstro "tragatodo" de cartón, unha máquina polaroid que tiraba debuxos...

Xa estamos a desexar que nos volte contar un conto!



No hay comentarios: