GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 31 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Mañán, día 1 de abril, celebraremos no noso Colexio o Día Internacional do Libro Infantil.

Esta celebración lembra, cada ano, a data do nacemento de Christian Andersen, un dos grandes autores da Literatura Infantil.

A proposta da OEPLI, todo o Centro se reunirá no Salón de Actos para escoitar o Manifesto que, este ano, ten sido redactado pola escritora estoniana Aino Pervik. Titúlase O libro lembra, e incide no carácter documental que teñen os libros costumistas, que nos transmiten o xeito en que se vivía nunha época determinada (a autora céntrase, en concreto, na literatura do século XIX).

Para facer este acto máis levadeiro para a noso alumnado, temos elaborado este vídeo:




Logo, rendiremos unha homenaxe a un escritor galego fundamental na literatura para nenos: Neira Vilas. Este ano celebramos os cincuenta anos da publicación da súa obra máis emblemática: Memorias dun neno labrego. Evidentemente, este libro está moi vencellado ó espírito do Manifesto, xa que nos sitúa nunha época e nun contexto que, na actualidade, a meirande parte de nós descoñece.

Para iso, proxectaremos esta entrevista ó autor, realizada polo C.P.I. dos Dices:




Ademais, durante toda a mañán, representantes da Comunidade Educativa (familias, profesorado e alumnado) leremos Memorias dun neno labrego. Xa vos daremos conta de todo!

No hay comentarios: