GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 2 de abril de 2016

SEGUÍDEME!



Unha boa proposta para rematar este fermoso día.

Hoxe, día 2 de abril, celebramos o Día Mundial de Concienciación do Autismo e o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Para rematar a xornada, quero compartir este vídeo que teño atopado, e que vencella magnificamente ambas as dúas conmemoracións. Caillou ten un amigo autista, e aprende a "ler o mundo" dende a visión do seu amigo. Porque non só se trata de ler letras, senón tamén de ler a realidade e os sentimentos dos demais.


No hay comentarios: