GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 1 de abril de 2016

LINGUAXE VISUAL PARA CELEBRAR A RECONQUISTA




Carteis para celebrar a festa co alumnado de 6º curso.

Na clase de Plástica, o alumnado de 6º curso estivo a crear carteis. E... que mellor temática que a Festa da Reconquista que, na nosa cidade, se desenvolverá durante esta fin de semana?

Como veredes, o resultado é espectacular. Non só polo acabado, senón tamén polo concepto de cartel: está claro que existíu na aula un traballo previo para salientar os elementos principais deste tipo de documentos:  que ten que resultar impactante, que o texto ha de ser conciso e claro, que a tipografía e a cor non son elementos secundarios, que os elementos deben estar ben equilibrados no papel...

En fin... que estes rapaces teñen madeira. Xulgade por vós mesmos!


No hay comentarios: