Con Bernal e a súa familia.
Esta semana, Frianciño marchou a pasar a fin de semana con Bernal (4º A). Que ben, porque, así, aproveitaron para visitar o Casco Vello, onde se celebraba a Festa da Reconquista. E, en medio da festa, toparon coas matemáticas. Así nolo conta a familia:
As matemáticas tamén nos permiten comer ostras na rúa sen mollarnos. Desde 2010 a rúa Pescadería, máis coñecida como rúa das ostras, está cuberta con vidro laminado sobre unha estrutura metálica así que por nós, que chova!
Grazas, familia! Unha suxestión matemática... exquisita!


No hay comentarios:
Publicar un comentario