GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 10 de abril de 2016

RETAHÍLAS, ADIVIÑAS E CONTOS DA TRADICIÓN ORAL GALEGA



O derradeiro Venres de Viva Voz da profe Nieves. 

Esta semana, os protagonistas do Venres de Viva Voz foron os nenos e nenas de 1º A que, coa súa profe Nieves, ofreceron os seus ditos ós compañeiros de 1º B. Un precioso traballo no que, coma sempre, a nosa querida compañeira deu un exemplo de traballo, integrando e facendo participar a todo o alumnado deses relatos da tradición oral dos que ela é unha auténtica experta.

Permitirédesnos que aproveitemos esta ocasión para facer unha pequena homenaxe a Nieves, quen, para fortuna súa e mágoa nosa, xubílase moi axiña.




Grazas, Neves, por ser un exemplo para todos os que nos adicamos ó ensino. 

No hay comentarios: