Pois si: comezar o día e o trimestre con Sabela Gago foi un auténtico pracer. Iso foi o que ocurríu o pasado 30 de marzo. Por mediación da editorial Alfaguara, Sabela chegou cargada coa súa maleta e ca súa bagaxe de bos contos ó noso cole, onde se reuníu, primeiro, cos alumnos e alumnas de 2º curso, e, logo, cos de 6º.
Como poderedes comprobar polas imaxes, tratouse de dúas sesións nas que os rapaces tiveron un papel protagonista. E a propia Sabela pasouno de marabilla, manifestando que resultara incrible a participación e colaboración dos maiores.
Grazas, Sabela! Moitas máis!

No hay comentarios:
Publicar un comentario