Este curso, como ben sabedes, o noso PDI titúlase Entre liñas anda o xogo. Un tema moi amplo no que caben as matemáticas, o xogo, a literatura, o traballo cooperativo... Por iso, para celebrar o Día do Libro, pareceunos moi axeitado traballar Alicia no País das Marabillas, un portentoso libro infantil que moitos de nós só coñeciamos a través da versión de Disney pero que, sen embargo, temos chegado a disfrutar e a valorar na súa xusta medida.
1. Por que esta obra e non outra?
Varias son as razóns para facer esta elección:
- en primeiro lugar, porque este curso celebramos o 150 aniversario desta obra da literatura universal (a primeira edición data de 1865);
- en segundo lugar, porque o seu autor (Lewis Carroll) era un famoso matemático;
- por tal motivo, a obra está repleta de xogos de lóxica, entre os que se mesturan a crítica e a ironía hacia a educación e a sociedade inglesa da época.
Unha obra idónea, polo tanto, para incorporar ó noso proxecto documental integrado.
2. Como a traballamos?
2.1. Primeiros pasos.
A nosa intención era facer da lectura de Alicia unha auténtica tarefa de aprendizaxe. Así, no mes de xaneiro asignamos a cada aula un capítulo (ata 1º curso de Primaria, un fragmento dun capítulo), entregando ós titores os textos correspondentes. Unha vez lido e comprendido, cada aula debía:
- resumir o seu contido, eliminando o que non resultaba esencial;
- traducir o texto ó galego;
- deseñar os personaxes que participan no capítulo e seleccionar ou crear fondos para desenvolver a acción.
2.2. Concurso para elixir ós protagonistas.
Xa que cada aula tiña liberdade para ambientar a súa historia, parecianos que, para lle dar continuidade, compría que os personaxes principais (Alicia e o Coello Branco) se mantiveran ó longo de toda a obra. Por tal motivo, organizamos un Concurso de Ilustración no que resultaron elixidos os protagonistas.
2.3. Montamos o noso vídeo de animación.
Empregando a ferramenta Explain Everything, cada aula montou nun ipad a súa animación, empregando os fondos e os personaxes creados e gravando a narración do alumnado.
2.3. Montamos o noso vídeo de animación.
Empregando a ferramenta Explain Everything, cada aula montou nun ipad a súa animación, empregando os fondos e os personaxes creados e gravando a narración do alumnado.
2.4. O resultado.
Aínda que en posts anteriores fomos publicando cada vídeo, nesta imaxe interactiva de Thinglink podedes visualizar todos eles, seguindo a orde lóxica da historia.
Esperamos que vos teña gustado!

No hay comentarios:
Publicar un comentario