Nesta ocasión, en relación co noso Proxecto Documental Integrado deste curso, trataron sobre os Xogos Tradicionais. E, para iso, contaron, tamén, coa voz dos pais e dos avós, que, a través de diversos vídeos, informáronlles sobre os xogos favoritos da nenez.
Aquí os tendes:

1 comentario:
Parabéns rapaces polo voso traballo!
Como titora deste grupo quero dar as grazas a:
- O alumnado; pola procura e achega da información; e ter traído, aínda que de xeito dixital ós vosos avós, avoas e pais o colexio.
- A Eulogio e Carmen; avó e avoa de Sara Cerqueira; a Suso, avó de Brais; a Manuel pai de Ángela; a Ricardo, pai de Sara Gutiérrez; e a Andrea de Xosé, irmá e pai de Alba.
- Ó Equipo da Biblioteca por organizar esta actividade tan interesante.
Quédavos unha derradeira actividade, ver este artigo en familia e escribir un comentario sobre a mesma.
Nota: como podedes observar os vídeos non se ven moi ben; lembrade, que non somos profesionais.
Titora de 6ºB Ana Piñeiro
Publicar un comentario