Na nosa Biblioteca existe un feixe de libros para adultos que están orfos de lectores.
Por iso, este ano (despois da idea tomada dalgún centro integrado no PLAMBE) temos promovido a iniciativa titulada Adoptando libros polo Nadal.
Os libros saíron dos andeis, e, grazas ós nenos e nenas, chegaron onda os seus pais. Pero, antes de facelo, sufriron un laborioso proceso. Queredes coñecelo...?
Primeiro, cada aula acudiu á Biblioteca e escolleu o libro máis axeitado ó seu pai ou á súa nai.
Logo, houbo que empaquetalo. Se premes aquí, descubrirás ós alumnos de 5º e 6º de Primaria en plena acción. Despois de aprender, algúns deles acudiron ás aulas de Infantil para, á súa vez, axudarlles. Comprobádeo aquí.

Os paquetes quedaron preciosos. Esta é unha pequena mostra:
E, finalmente, seguiron o seu camiño.
Agora xa están nos seus novos fogares, onde esperan ser lidos con agarimo. Co mesmo agarimo con que os rapaces teñen escollido un libro para os seus pais.

1 comentario:
Unha iniciativa moi orixinal. Parabens.
Publicar un comentario