Unha nova pregunta do noso concurso A voltas coa lingua.
Na última proposta do noso Concurso obtivemos esta resposta da nosa compañeira
Helena Martínez (5º B):
A lingua é coma un arroio cheo de fadas. Para min os arroios murmuran e tamén falan.
Daquela pedíamosvos unha imaxe coa que comparar a lingua. Helena móstranos un arroio. Pero non se trata dun arroio petrificado, inmortalizado nunha fotografía dunha pequena corrente que xa non voltará levar a mesma auga. É unha imaxe sonora: un arroio murmurador e faladeiro.
E a ti... a que che soa a lingua...? Que intres máxicos, que sonoridades che lembra...?
Cóntanolo completando o seguinte formulario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario