As vosas respostas, todas elas fermosas, sábennos a tradición, a bosques profundos nos que danzan seres fantásticos, a postas de sol, a xigantescas lúas brillantes en ceos poboados de estrelas...
Ante a imposibilidade de publicar todas, deixámosvos unha escolma. Esperamos que vos inspiren imaxes doces e evocadoras.
- Eu creo que é coma unha noite con sol e estrelas amarelas. (Laura Martín Fernández - 5º B)
- Para min a lingua galega é como camiñar por un arco da vella e ver seres fantásticos. (Silvia Mete Vázquez - 5º B)
- A min paréceme como un gnomo con unha cacerola de ouro máxico. (Iván Fernández Lago - 5º B)
- É coma un arroio cheo de fadas. Para min os arroios murmuran e tamén falan. (Helena Martínez Hoelker - 5º B)
- Para min a lingua galega é coma un riachuelo cheo de máxicas cores e máxicos seres. (Lhorrana Cordeiro Silva - 5º B)
- Para min a lingua galega é un paraiso de doces. (Ares Rodríguez Rodríguez - 5º B)
- Para min a lingua galega é marabillosa, coma o espazo coas estrelas. (Xandre Veloso - 5º B)
- Eu compararía á lingua galega con Cunquiña, porque ela é a fonte do saber. (Lucas Amoedo Rodríguez - 5º A)
- Eu creo que a lingua galega é coma un unicornio alado. (Andrés Lopez Bastos - 5º A)
- Eu compararía a lingua galega cunha imaxe dun bosque de fadas pequenas e luminosas cun arroio de augas cristalinas e brillantes. (Ariadna Gónzalez Ballesteros - 5º A)
- Eu a compararía cunha imaxe dun unicornio de mil cores sobrevoando o arco da vella. (Nieves Rodriguez Salvador - 5º A)
- Eu o compararía cun pegaso, porque voa, e a lingua galega é boa. (Anxo Pérez Barbosa - 5º A)
- Para min é coma unha princesiña esperando a chegada do seu príncipe azul. (Rebeca Alperi Alonso - 5º A)
- Cunha posta de sol na estación de outono. (Sara Gutiérrez García. 6º B)
- Compararía a lingua cun mar de cores e un atardecer de bicos. (Sara Cerqueira Almuiña - 6º B)
- Coas cores do inmenso océano pola noite, co reflexo da lúa. (Alba Pérez Álvarez - 6º B)
- Cun carballo, porque é grande e está chea de sabedoría. (Estevo Rodríguez Gallego - 6º B)
- Para min a lingua é un Poni Voador. (Claudia Pérez de Lis Redondo - 1º B)
Grazas a todos polas vosas aportacións, e por xogar coa nosa lingua neste exercicio que, aínda que en prosa, sabe a poesía.

No hay comentarios:
Publicar un comentario