GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 30 de mayo de 2012

UN PREMIO PARA A NOSA XORNALISTA ANTÍA MARTÍNEZ PRADO


O Programa Prensa-Escuela convocou unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos alumnos e alumnas galegas coa lectura e manexo do xornal e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción. A participación tivo como resultado que o premio á mellor Xornalista Infantil e Xuvenil na súa categoria recaeu na nosa alumna de 6ºA Antía Martínez Prado.

Aproveitando que o curso pasado traballouse dende a Formación de Usuarios a elaboración dunha nova, fomentando a lectura dos xornais a través da participación neste programa ao longo deste curso, os nosos rapaces e rapazas  de 6º foron xornalistas durante uns días e elaboraron as súas propias novas.

Antía elaborou unha nova sobre a aparición  dos cerdos vietnamitas nos nosos bosques e cóntanos a causa e as consecuencias destas presenzas.

  

Noraboa a Antía, aos seus pais e por suposto a súa profe Conchi !!

Neste enlace podedes ler un pouco máis sobre os seu premio:

http://www.prensaescuela.es/web/gallego/noticiaseducacion/consultarnoticiaweb.php?idnoticia=2856


1 comentario:

Frianciño dijo...

Moitísimos parabéns para Antía e Conchi!!!