GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 16 de mayo de 2012

50 ANOS DAS LETRAS GALEGAS


Este ano 2012 celébrase o 50 Aniversario do Día das Letras Galegas e así decoramos a  entrada do colexio cun mural que representa o logo conmemorativo.

O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas. O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano.

Desde 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. Constitúe, ademais, a meirande conmemoración da nosa Cultura e das nosas Letras  e todos participamos  (entidades, asociacións, colexios, concellos...), en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada.


Segundo Pepe Barro, do Grupo Revisión, que realizou o deseño, "se se debuxa unha liña arredor dun L maiúsculo, a forma que se obtén de xeito natural é a dun corazón". O 'L' maiúsculo fai referencia ás letras, á lingua, ao libro e tamén ao número romano cincuenta, os 50 Días das Letras que conmemoramos este ano.

Aquí recordamos a todas as persoas das Letras que lle adicamos todos estes anos:

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola, encantame esta iniciativa, decorar a entrada do colexio cun mural que representa o logo conmemorativo dos 50 anos das letras galegas. Gustame moito este dia, xa que amo a Galiza e encantame que se celebre asi.
Iván Sanromán Covelo