O pasado mércores tivemos connosco a Raquel, a nai de Lara (Educación Infantil). Contounos a historia do famoso Coelliño Branco, de Xosé Ballesteros, con ilustracións de Óscar Vilán e editado por Kalandraka.
Raquel ademais de deleitarnos coa historia, presentounos unhas marionetas de pau feitas por ela mesma que nos abraiaron a todos.
Como non, despois tocounos traballar a nós e fixemos uns marcapáxinas moi orixinais utilizando goma EVA, tesoiras, pegamento, lentellas, teas e a nosa imaxinación.
Agora se queredes lembrar esta historia, xogar e traballar un pouco, non tedes máis que premer na imaxe, e... adiante!


No hay comentarios:
Publicar un comentario