Neste días de conmemoración das Letras Galegas, o Equipo de Potenciación Lingüística xunto co Equipo de Biblioteca aproveitamos o traballo do CEIP Castelao de Rianxo, publicado en formato carteis, para crear no noso corredor de acceso ao Lar de Frianciño unha zona de información sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.
Así, nesta próxima semana, cando os nosos alumnos e alumnas suban á biblioteca, poderán acceder a toda a información recollida nos carteis, para así despois poder traballar nos moitos enlaces que xa publicamos anteriormente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario