Hoxe despois do recreo, os alumnos e alumnas de Infantil e de 1º, tivemos a sorte de poder disfrutar cos contos de
Anxo Moure.
El trasmitiunos o seu agarimo por todas as árbores dos bosques. Xogamos, cantamos, sentimos e ademáis pasamos un rato moi divertido tomando conciencia da importancia que teñen as árbores na nosa vida.
As árbores, imprescindibles para respirar, dar froitos, vivir xunto cos animais, darnos papel, proporcionar mediciñas, facer sombra... así que debemos respetar, coidar e reforestar.
COIDEMOS OS BOSQUES !!!
Aquí deixamos unhas fotos das catro sesións

No hay comentarios:
Publicar un comentario