Nestes días, o Equipo de Potenciación Lingüística do noso centro, en colaboración co resto do Profesorado e co Equipo TICS, veñen de elaborar unha serie de presentacións, contos, historias... baseadas na vida e obra do noso protagonista deste ano no Día das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade.
Nesta primeira imaxe da nosa mascota Frianciño, podedes atopar todas estas actividades das que vos falamos, dende unha liña do tempo ata varias historias en formato LIM que nos falan da súa vida e da súa obra.
Neste outro enlace á nosa páxina web, tedes unha chea de actividades que fomos atopando pola rede e a través dos centros que estamos no PLAMBE, ós que agradecemos o traballo realizado.



No hay comentarios:
Publicar un comentario