GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 4 de mayo de 2012

BENXAMÍN E AS SÚAS HISTORIAS


Este xoves 3 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Primaria tivemos unha animación á lectura con Benxamín

Falounos dos libros que estamos a ler Rosanda e a arte de maxia e A escola de piratas. Tamén explicounos meigallos que se poden facer para sacar boas notas pero despois de contar algúns resultados, chegamos á conclusión que o mellor meigallo é o traballo diario.


Grazas, Benxamín, pola mañá tan entretida e por ese debuxo xenial adicado á nosa alumna Laura pola súa resposta axeitada.


No hay comentarios: