GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 13 de mayo de 2012

UNHA MAÑÁ DE MAIOS E MOITO MÁIS...


Este venres 10 de maio, viron ao noso colexio as representantes dos centros de Alcázar de S. Juan, Xixón e Reus cos que traballamos no Proxecto ARCE "Un bosque para leer y navegar" e que vai chegando ao seu fin. 

Que mellor ocasión para convidar aos representantes do Concello (o noso Ilm. Sr. Alcalde de Vigo e a nosa Concelleira de Educación) e á nosa Auxiliar de Conversación (Jessica).

Recibimos a todos eles e elas cun acto ben distinto onde elaboramos un Maio en forma de barca, cantamos e bailamos coplas ó seu arredor e por último entonamos a canción O verde mola, que guía o noso proxecto.

Grazas a toda a Comunidade Educativa que estivo disposta a realizar unha chea de actividades, dende a recolección de fiuncho, flores e ovos, pasando polo ensaios do baile, a creación de colares...

Todas as   imaxes e o  vídeo das coplas e da  canción O Verde Mola, os podedes atopar  na páxina web do noso centro:


Neste álbum podedes disfrutar de todas as actividades realizadas coas profesoras representantes dos centros do Proxecto ARCE durante estes dous días como un paseo pola cidade de Vigo, a visita a cidade de Santiago e como remate final unha andaina pola illa de Cortegada e a Ría de Arousa



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola, son un antiguo alumno do colexio e acabo de descubrir este blog, encantame esta iniciativa.
Gustame moito este tipo de actividades que achegan os nenos as tradicións de Galiza.
Sintome orgulloso de haber estudiado neste colexio.
Iván Sanromán Covelo

Frianciño dijo...

E nós sentímonos moi orgullosos, tamén, de ter antigos alumnos que nos siguen e nos valoran.
Grazas, Iván, por nos animar deste xeito e por nos acompañar na nosa andaina.